Actualmente Nostrum conta con máis de 100 tendas-restaurantes en todo o país.
Encóntranse moi ben situadas, en zonas moi diferentes, pero teñen en común as súas rúas emblemáticas e concorridas.
Todas elas teñen dúas zonas diferenciadas: a tenda, na entrada do local, onde o cliente compra o noso produto que se encontra exposto nunhas grandes vitrinas; e a zona de degustación ao fondo, con mesas, cadeiras e espazos amplos, no caso que o cliente prefira consumilo in situ.

Fotografía do primer establecemento Nostrum na rúa Roger de Llúria, 134 de Barcelona
O primeiro establecemento, situado na rúa Llúria de Barcelona, foi inaugurado en xuño de 1999. Mantén intacta a raíz e os principios do noso proxecto ata o día de hoxe, patentes nos últimos locais.
O éxito dos nosos restaurantes é debido ao resultado dun bo traballo.
O noso cliente encontra en Nostrum moitos aspectos diferenciais con outros locais que fan que sexa un cliente habitual e que se sinta como na súa propia casa.
En Nostrum vendemos moito máis que comida:
- Vendemos calidade, produtos caseiros 100% naturais e equilibrados.
- Vendemos produtos adaptados ao peto de calquera cliente.
- Se formas parte de Nostrum Fans Club poderás comprarnos nosos pratos a 1 €, 2 € ou 3 €.
- Vendemos tempo. Todo o tempo que o cliente gaña vindo a Nostrum pode utilizalo noutras actividades de ocio.
- Vendemos variedade. O noso consumidor encontra unha gran variedade de pratos, máis de 100 pratos para escoller. Ademais, son perfectos para todos os gustos